viernes, 22 de febrero de 2008

Gollo está enfermo (Por Xaime)

Y os voy a presentar a Xaime.


Xaime es un buen amigo, el más joven (17 añazos) de todos mis amigos que escribe con la madurez del más maduro de los mortales.


Este relato (que está escrito en gallego) es un poquitín largo pero merece mucho la pena.



-Ola, clínica para animais domésticos fóra do normal, dígame.
-Ola, mire, chámome Senia. Chamo por un caso grave.
-Máis vale que sexa grave porque aquí non atendemos así polas boas, conte ¿Que pasa?
-Pois trátase do noso dragón, chámase Gollo...
-Non me interesa o seu nome. Vaia ó gran-interrumpiu o home que estaba ó outro lado do teléfono.
-Vale, vale. É que fai varios días que non come. Probamos con todo, pero non quere comer. Está moi deprimido.
-A xente métese en sarillos cos animais sen saber sequera como coidalos –murmurou o médico entre dentes.
-¿Como? Perdoe pero non escoitei o que dixo.
-Nada, nada. Por certo ¿Onde vive ese dragón?
-Vivimos nunha casa, no Polo Norte, no medio da tundra, a catro kilómetros da aldea máis adentrada no norte.
-¿Como? ¿No Polo Norte? Ben, intentarei mandar un equipo de médicos. Agardo que sexa grave de verdade porque ir ó Polo Norte non é unha broma.
-Si, pode crerme. É urxente.

O home que falara con Senia era o director da clínica. Xa estaba ardendo pola idea de ir ó Polo Norte aínda que non tanto como para derreter todo o xeo que hai nel. Xa facía moito tempo que non saía da oficina. O corpo xa lle pedía aventura.

Como lle dixera a Senia preparou a catro médicos especializados en dragóns e saíron en canto tiveron unha avioneta disposta.

Chegaron en dous días despois de facer só unha escala para repostar. O último tramo da viaxe debíano facer en trineo. Levoulles outro día chegar á aldea e outro máis atopar a casa.
Custoulles moito xa que había moita ventisca e a neve cubríao todo. Parecía que padecían dunha cegueira branca que anegaba os seus ollos. Pero, ó final, grazas ós resplandores da aurora boreal atoparon a pequena casa ubicada alí, nun plano en branco, coa neve como única acompañante.

Chamaron na porta e saíu un home

-Ola ¿Que tal? Vostedes son os médicos do noso Gollo, ¿Verdade? Eu chámome Congo son o pai de Senia, é un pracer.
-Déixese de praceres e presentacións, é unha pérdida de tempo. Seguro que non nos voltamos a ver e se lle digo o meu nome pronto o vai esquecer.
-Ben, entón pase. Pase por favor -respondeu Congo. Moi tolerante coa arrogancia do médico.

Cando entraron na casa unha agradable e reconfortante bafarada de calor abrazounos.

-¿Queren un té? Seguro que traen frío.
-Si pero antes preferiría ver ó meu paciente.
-¿Como non? Está nesa habitación.
Cando entraron Senia estaba aloumiñando ó dragonciño.
Ó ver ó médico púxose moi contenta.
-Mire doutor este é o dragón do que lle falei.
-Imaxínome. Fáganlle un recoñecemento a fondo -dixo o doutor dirixíndose ós médicos que viñan con el -imos ver o que ten.
Ó momento os catro médicos quitaron centos de aparellos, uns minúsculos e outros non tanto, e comezaron a examinar ó dragón.

Unha hora máis tarde, depois de que tomaran varias cuncas de té, realizaran varios exames, medicións e demáis trenguelladas, diron o diagnóstico.

-Este dragón ten inadaptación ós humáns.
-Pero se nós tratámolo moi ben –dixo Congo.
-Si. Lémoslle contos e xogamos con el –dixo Senia.
-Todo o que queiran pero non é igual que se o coidara a súa nai.
-Ben, entón ¿Hay algún remedio? ¿Algunha menciña?-preguntou Congo.
-Si, darlle a comer ovo de hipogrifo. Teñen moitos nutrintes e vitaminas, ademáis para os dragóns son antidepresivos. Dalles forza mental para, por exemplo, neste caso, adaptarse á vida cos humáns.
-¿E iso onde o podemos atopar? –preguntou Senia.
-É moi difícil conseguir un. A un hipogrifo salvaxe é case imposible quitarlle un. Defenden os seus ovos ata a morte. E como comprederán eu non arriscaría a vida enfrontándome a un deles. Ademáis matar a un animal iría contra os meus principios de doutor.
-E entón ¿Que imos facer?
-Podo conseguir un ovo de hipogrifo doméstico, pero só hai dous no mundo.
-É o mesmo, faga o que teña que facer canto antes ou váisenos morrer.
-Non esixan tanto, faráse o que se poida. Recollede todo rapaces. Ímonos a Inglaterra. Alí vive un dos hipogrifos.

Recolleron todo á velocidade do raio e non diron tempo nin a que Congo se despedira deles. Despois doutros dous días de viaxe a avioneta dos médicos aterraba nun lugar húmido e solitario onde só había un castelo en estado ruinoso. Nel vivía o dono dun dos dous hipogrifos domésticos. Estas persoas (aínda que só existan dúas no mundo) solen ter capacidades especiais coas que conseguen adaptar a un hipogrifo á vida doméstica. Din que os hipogrifos domésticos ata axudan a facer as tarefas da casa.

Golpearon na porta do castelo e á súa chamada respondeu un ancián.

-¿Que queren de min?
-Queremos que nos venda un ovo de hipogrifo.
-¿Como? ¿Do meu hipogrifo? ... Farase o que se poida. Pasen.
A porta do castelo abriuse mediante un mecanismo de poleas. Fixo un ruido estrepitoso. (se este fose un relato de terror o castelo ben podía estar encantado e, despois de que a porta se abrise por arte de maxia e entraran os médicos, pecharíase deixandoos encerrados para sempre. Nese caso terían que convivir con morcegos e outras criaturas terroríficas. Pero este non é un relato de terror e polo tanto a porta non se pechou tras deles nen tiveron que convivir con ninguén).

Cando xa estaban dentro do castelo o ancián deu en guialos ata unha grande sala chea de libros, uns máis antigos, outros máis novos. A sala parecía non ter fin e literariamente non o tiña aínda que si físicamente. En todo caso todo bibliófilo debecería por vender a súa vida a esta sala.

-Vendérvolo non volo venderei, pero si volo podo dar a cambio dunha axudiña no meu traballo. Teredes que axudarme na tarefa á cal encomendei a miña vida: a procura dun libro en branco. Este libro contén todos os secretos do universo, todos os que a ciencia non logrou desvelar nen desvelará.
-Non creo que sexa tarefa fácil, ¿Sabe acaso algo sobre a fisonomía dese libro?-preguntou o médico con poucas esperanzas de atopar ese libro.
-Todas as especulacións que poiden facer rematan sendo infinitas, e aínda encima inútiles. Podería ser un libro groso xa que nel están escritas moitas cousas aínda que por outro lado, se está en branco, non sería necesario extender o espazo en branco máis do que ocupa en realidade. Por outro lado. . .
-¡Pare!,-dixo o médico levantando un pouco a voz -non continúe que xa me estou volvendo tolo, procurarei o ovo en outro lado, seguro que é máis fácil conseguilo na segunda e última oportunidade do outro hipogrifo domestico.

Os médicos fóronse despois de unha levísima despedida.

O médico ben sabía porque nen sequera intentara buscar o libro. Se comezasen xa non poderían parar e uns e outros quedarían enredados na lectura dos demáis libros sen dar atopado o libro en branco en toda a súa longa vida, efímera para os libros. Sería unha odisea pero esta vez sen retorno a Ítaca. Polo tanto, aínda que non tiveran que convivir con morcegos e demáis familia, convivirían con letras papel e demáis literatura.

Viaxaron tres días máis cara o sur ata chegar a África. Durante eses tres días non falaron entre eles, o acontecemento no castelo amolecéralles a todos os miolos. Todos reflexionaban sobre o intrincante tema, aparentemente irresoluble.

Cando chegaron ó lugar onde vivia o outro hipogrifo viron que unha planta xigante rompera a casa da dona do hipogrifo que estaba fóra mirando hacia arriba.

-¿Que lle pasa señora?
-Pois que tirei unha faba á area e mire o que pasou. E o peor é que o meu hipogrifo está arriba de todo e vai poñer os ovos alí.
-Salvarémolo nós pero a cambio debe darnos un ovo como compensación.
-Hummm... ben, un ovo é moi caro pero acepto.

Sen pensalo dúas veces os homes puxéronse a rubir pola planta de faba xigante. Naquela subida podería darse a repetición do conto das alubias máxicas e atopar no alto un castelo con xigantes, pero non. Despois de media hora de ascenso viron ó hipogrifo que berraba para que ninguén se lle acercase. Despois de que un dos médicos lle tirara comida para entretelo, calou. Os homes meteron cada un na súa mochila un ovo e iniciaron o descenso.

-Xa collimos os ovos, tome catro deles, o outro levámolo nós.
-E o meu hipogrifo ¿Onde está?
-Cando remate a comida baixará. Non se preocupe. Agora temos que irnos, temos présa.
-¿E que fago coa planta xigante?
-Poderá alimentar a media África, ou máis.

Esta fora unha aventura moito máis fácil de realizar e ademáis en pouco tempo. O médico acertou ó crer na segunda oportunidade. Salvou así ós seus compañeiros da procura da sabedoría absoluta.

Os médicos tardaron cinco días en chegar á casa de Congo. Cando chegaron Gollo estaba xa medio morto.

-Menos mal que traen o ovo de hipogrifo -dixo Congo.
-Pensei que morría o meu dragonciño –dixo Senia.

Os médicos coceron o ovo e déronllo a Gollo. Como por arte de maxia púxose novo. E dende aquela Congo non tivo ningún problema con Gollo polo que non tivo que volver a meter en problemas ós médicos.
Na volta á súa casa o médico reparou na rareza de que unha faba crecese de tal maneira no medio do deserto máis árido do mundo.

Quizais a resposta se atopase no libro en branco.

No hay comentarios: